Panadería Seivane

Somos unha panadería artesanal  que xunta a tradición galega e a vangarda, volvendo ás orixes na procura de proximidade, sustentabilidade e de produtos naturais, sen aditivos.

Os nosos principios

Abastecémonos das materias primas máis próximas, xerando valor no rural.

Respectamos os tempos nos nosos procesos artesanais, para que a natureza faga o seu traballo e ti goces dun produto máis dixestivo.

Cremos nun produto natura, exento de aditivos e químicos, a volta á orixe é a mellor opción.

A nosa historia

A panadería foi adquirida pola familia Seivane no 1972, levando máis de 50 anos en activo e sendo xestionada, na actualidade, pola terceira xeración de panadeiros.


Saber máis 

Os nosos productos

Pan

Propostas clásicas de pan galego e especiais, cun denominador común respecto polas materias primas e proceso fermentativo saudable.

Empanadas

Un clásico galego que non pode faltar nunha panadería tradicional, aínda que tamén hai espazo para propostas máis vangardistas, como nosa coñecida empanada de chacina.

Doces

Doces clásicos da respostería galega como a larpeira, biscoitos para o día a día e doces de tempada como o panettone ou a rosca de reis.