A nosa historia

As orixes da panadería remóntanse á década dos 50, cando a panadería estaba rexentada por Eliseo Seco. Nesa época a economía viraba case exclusivamente ao redor da agricultura e gandería, pero tamén había tempo para a diversión e o baile. De feito, na parte superior da panadería situáronse diferentes negocios, desde o propio salón de baile a unha tenda de electrodomésticos.


En xuño de 1972 Dores Álvarez Seivane e Eulogio Seivane Gasalla, cuxa dedicación radicaba na gandería deciden cambiar o rumbo da súa vida e adquiren a panadería, propiedade nese momento de Arcadio Falcón, fillo de Eliseo. Nos primeiros anos o negocio centrouse fundamentalmente na produción do pan no forno de leña, o cal segue a pleno funcionamento hoxe en día.


Os furgóns saían cargados con pezas de 3 e 2kgs. Longas fornadas en longas xornadas de traballo nas que unha moza poñíase ao choio ao regresar do colexio. María del Mar Seivane Álvarez, que a principios dos 80 converteríase oficialmente na segunda xeración. Posteriormente incorporaríase José María Castro Pillado, parella de María del Mar.

Seiño, como é coñecido este último, recollería o agarimo da xente polos diferentes roteiros, agarimo que xa xerara Eulogio.

No ano 2019, a vida daríalles un serio aviso a Mari e Seiño, polo que debido a problemas de saúde severos víronse obrigados a pechar o negocio.


En xuño de 2020, no medio da pandemia debida ao COVID-19, Javier Castro Seivane e Jesús María Fernández Agrelo reabrirían a panadería. Expoñen unha proposta diferente partindo dos mesmos valores de artesanía e tradición, adaptándose aos novos tempos e concienciando sobre a importancia do pan saudable. 


Pans, empanadas e doces elaborados de forma tradicional e artesanal.